2.- Tipos de enfermidades. Segundo as causas que as provocan existen dous tipos: Bacteria Escherichia coli: A maioría destas bacterias viven no noso intestino pero algúns tipos poden producir enfermidades e diarreas. ➀Enfermidades infecciosas: están producidas por axentes infecciosos, estes axentes son microorganismos como os fungos, as bacterias ou os virus que producen enfermidades ao entrar no noso corpo. Normalmente a entrada no noso corpo prodúcese polo aire, pola boca ou por feridas. Outras poden ser introducidas por picaduras de insectos.
➁Enfermidades non infecciosas: no son producidas polos axentes infecciosos, as causas poden ser moi distintas, inxestión de produtos tóxicos, reaccións a un alimento, tumores...