1.- A saúde e a enfermidade:


A saúde non é so a ausencia de enfermidades, a OMS (Organización Mundial da Saúde) di que a saúde é o estado completo de benestar físico, mental e social.

Podemos dicir que estamos sans cando todos os elementos do noso corpo, órganos, aparatos e sistemas funcionan correctamente e nos sentimos a gusto co que facemos, coas demais persoas e co noso ambiente. Dicimos que estamos enfermos cando calquera das anteriores cousas se alteran ou se perden.

As enfermidades soen amosar uns síntomas, os síntomas son sinais que nos poden indicar que algo non está funcionando correctamente. Os síntomas máis frecuentes son a tose, a febre, mareos, inchazóns...

L

C