➁ As ferramentas: os metais axudaron a inventar ferramentas completamente novas.Nesta época invéntase a roda, empregada nos carros e nos tornos para fabricar a cerámica. Aparece a navegación a vela e o arado que permitía abrir regos na terra e removela con facilidade antes de sementar. Estes inventos melloraron considerablemente a produtividade e o transporte.
➂ A arte: fixéronse monumentos con grandes pedras. Estes monumentos reciben o nome de megalíticos como os menhires, os dolmens e os crómlech (grandes pedras colocadas en círculo).