Os seres humanos: moitos poboados foron transformándose en cidades, sobre todo os que estaban en zonas onde abundaban os metais. As casas eran de pedra e adobe, unha masa feita con barro e palla coa que facían ladrillos que secaban ao sol. As cidades estaban protexidas por unha muralla de pedra e eran gobernadas por un xefe.

Apareceron novos oficios como os guerreiros que defendían as cidades e o comercio para o intercambio de metais, tecidos, obxectos...

A

L

C