4.- A Idade dos Metais:


Fai uns 6 000 anos os seres humanos empezaron a producir obxectos de metal ao comprobar que este material era moito máis resistente que a pedra ou os ósos.

O primeiro metal que empezaron a empregar foi o cobre, podíase atopar en forma de pebidas que se podían traballar golpeándoas con pedras para darlles forma. Dado que non era moi duro empregouse, principalmente, para fabricar adornos e xoias.
Roca con bandas oscuras de ferro.

Posteriormente empregouse o bronce que é unha aliaxe de cobre e estaño. Ao ser máis duro e cortante empregouse para fabricar unha gran variedade de ferramentas e armas.

Finalmente empregouse o ferro ao comprobar que era maleable, duro e resistente. Con el fabricáronse moitos obxectos, ferramentas e armas.

A

L

C