As ferramentas: coa aparición das distintas profesións empézanse a fabricar ferramentas de pedra pulida cada vez máis elaboradas. Aparecen os primeiros muíños de man.

Co pulo da artesanía fixéronse inventos importantes, como a cerámica, onde se fabricaban vasillas, pratos, olas.... para gardar alimentos e cociñar; os tecidos, feitos principalmente coa la, liño ou esparto en teares sinxelos; ou a cestaría.

Ao final desta época empezan a facer construcións con grandes pedras de dolmens e menhires.

As pinturas do neolítico: representan menos animais e, por primeira vez, empezan a aparecer figuras humanas realizando distintas tarefas cotiáns, como a recolección de froitos ou a caza. Son pinturas esquemáticas onde o grupo é o protagonista.

Empregaban unha soa cor feita con graxa de animais, carbón vexetal, terra e outros pigmentos vexetais.

A

L

C