3.- O Neolítico:


A palabra Neolítico significa “idade de nova pedra ou de pedra pulida”. Esta época sitúase entre o 7 000 a.C. e o 4 000 a.C. co descubrimento dos metais.

Os seres humanos: adicábanse á agricultura, os primeiros cultivos foron o trigo e o arroz; e á gandería de pequenos animais que lles daban comida e roupa. Os primeiros animais domesticados foron a cabra, a ovella, o boi, o cabalo e o can.

Para coidar os cultivos e o gando deixaron de ser nómades e empezaron a formar aldeas, situadas xeralmente á carón dun río; é dicir, fixéronse sedentarios. Algunhas destas aldeas estaban rodeadas por muros para defenderse de ataques.

A xente empeza a especializarse no traballo, agricultores, gandeiros e artesáns.

A

L

C