➁ As ferramentas: Paleolítico significa, literalmente, pedra antiga. Nun principio empregaban pedras e paus sen modificar, despois, golpeando unhas pedras contra outras conseguían darlles forma e así fabricar machadas, frechas e coitelos. Cos ósos e cornos de animais crearon outras ferramentas como agullas e arpóns. Coas peles elaboraban vestidos, calzado e cubertas para as cabanas.A
L
C