2.- O Paleolítico:


Nesta época alternáronse períodos de clima moi frío, chamadas glaciacións, con climas máis suaves.

Os seres humanos: vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos,raíces, mel... Do que cazaban e pescaban aproveitaban todo, a carne, a graxa, os ósos, a pel...

Vivían ao aire libre, en covas ou en sinxelas cabanas; agrupados en tribos, de entre 20 e 30 persoas, formadas por varias familias que se axudaban entre elas para sobrevivir. Unha persoa podía vivir uns 20 anos. Cando os alimentos escaseaban abandonaban o lugar e buscaban outro lugar para vivir, é dicir, eran nómades.

Os primeiros habitantes da península Ibérica chegaron dende África fai un millón de anos.

A

L

C