5.- A Prehistoria en Galicia


Marco da Pena Verde. Este menhir sinala hoxe o límite entre os concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros na provincia de Lugo.
As primeiras probas de presenza humana en Galicia remóntanse a uns
300 000 anos. As persoas vivían en grupos, eran cazadores e recollían froitos, eran nómades. Nas zonas en que podían facelo tamén pescaban e recollían marisco.

Xa no neolítico o clima fíxose máis cálido e húmido o que favoreceu o crecemento da vexetación. Nesta época os habitantes de Galicia ocupan as zonas altas por ter unha vexetación menos frondosa e ser a terra menos dura para traballar. Abondan os dolmens e as mámoas, estas eran un morea de pedras e terra que podían conter un dolmen e nas que se realizaban enterramentos colectivos. Nestes monumentos megalíticos atopáronse enxovais funerarios e pinturas nas pedras grandes. Na actualidade consérvanse aínda moitos destes monumentos megalíticos, como o dolmen de Axeitos ou o dolmen de Dombate, e miles de mámoas ademais de outros monumentos como as pedrafitas tamén chamados menhires.

A

L

N

C