1.- A Prehistoria:
Falamos da Prehistoria cando nos referimos ao tempo que vai dende a aparición do ser humano (fai máis de catros millóns de anos) ata as primeiras mostras de escritura (fai uns 3000 anos).
A Prehistoria é a primeira e máis longa etapa da Historia. Dado que nesta etapa non existía a escritura só podemos coñecer a forma de vida dos nosos antepasados mediante obxectos e pinturas que deixaron en rochas e covas.Divídese en tres grandes etapas: Paleolítico, Neolítico e a Idade dos Metais.