Repetir mentres sexa (ou non) certa unha determinada condición.


Como xa sabemos empregar ordes que repiten un número determinado de veces, neste apartado vamos a ver un novo tipo de ordes, neste caso trátase dun bucle no que o código do seu interior executarase mentres non se acade o obxectivo, no noso caso será que o círculo vermello se sitúe sobre o branco.

Fíxate que este novo bloque permite engadir outros bloques antes del, pero non despois xa que se o círculo vermello está na cela do branco o programa xa alcanzaría o seu obxectivo e non tería sentido que continuase.

Por último ten en conta que neste tipo de bucles, se o código que está no seu interior non está ben pensado, pode ocorrer que o programa nunca remate por exemplo se o círculo vermello da voltas sen chegar a alcanzar a posición do círculo branco.