Sinala neste texto os verbos indicando a conxugación á que pertencen.
Podemos dicir que estamos sans cando todos os elementos do noso corpo, órganos, aparatos e sistemas funcionan correctamente e nos sentimos a gusto co que facemos, coas demais persoas e co noso ambiente. Dicimos que estamos enfermos cando calquera das anteriores cousas se alteran ou se perden.