A noticia.

A

A noticia é unha narración dun feito de actualidade e de interese público na que se busca proporcionar a maior parte de información no menor espazo posible. Debe de dar resposta ás preguntas: Que? Quen? Cando? Como? Donde? Por que?.

Nela soen observarse as seguintes partes:
Titular: soe destacar o máis importante da noticia.
Subtítulo: vai debaixo do título e é o resumo do máis importante do texto.
Corpo: contén a información completa.
Fotografía: pódese acompañar dunha relativa ao texto.
Pé de foto: di de que se trata a noticia e pode indicar o momento da noticia á que fai alusión.
Move o rato polas partes para saber onde está na noticia.
image/svg+xml COLENEWS O XORNAL DO NOSO COLE www.colenews.gal Vilaboa, 25 de febreiro de 2021 SEGUE NA PÁXINA 8 Pleno éxito da vacina contra a gripe este ano no noso pobo. Normalmente, a súa eficacia está sobre o 60% mentres que este ano oscilará entre o 80% e o 95%. A campaña de vacinación empezou este ano coas primeiras chuvias en todos os centros de saúde.