2.- Raíz e desinencia.


Todas as formas verbais pódense separar en raíz e desinencia.

A raíz, o máis normal é que sexa común a todas as formas, unha forma moi rápida de recoñecela é pensar no infinitivo do verbo e quitarlle a terminación da conxugación, é dicir -ar, -er ou -ir, a parte que queda será a raíz.

Por exemplo: en cantaremos, o infinitivo é "cantar", se quitamos -ar quedaría cant- que sería a raíz da forma verbal cantar.

A desinencia, é a parte da forma verbal que non é raíz. Esta desinencia infórmanos da persoa ou persoas e do tempo.

Cant-aremos: -aremos indícanos que seremos nós e que o faremos nun futuro.

A

C