1.- O verbo e as conxugacións.


O verbo serve para expresar accións, existencia, condición ou estado de algo ou alguén.
  Estudar, habitaba, entraría, durmirei.

O verbo ten distintas formas que indican o tempo e a persoa que realiza a acción.
  Cantamos: indica que somos máis dunha persoa e que o que facemos é cantar neste momento.
  Cantaredes: indica que vos realizaredes a acción de cantar pero máis adiante, no futuro.

Para nomear o verbo emprégase o infinitivo que é unha forma que representa o significado do verbo sen dar información da persoa que realiza esa acción nin o tempo no que se desenvolve. Todos os infinitivos do galego e do castelán poden clasificarse en tres grandes grupos chamados conxugacións:

1ª conxugación, son todos os verbos cuxo infinitivo remata en -ar. Xantar, brincar, chorar...
2ª conxugación, neste caso o infinitivo remata en -er. Comer, ler, adoecer...
3ª conxugación, formada por todos os verbos rematados en -ir. Durmir, escribir, engadir...

C