➃ A vista: está nos ollos. En cada un temos as seguintes partes:
Pupila: é o orificio central do ollo, por ela entra a luz que vai ao...
Cristalino: é unha pequena lente que permite que a luz se enfoque a retina atravesando o humor vítreo.
Humor vítreo: en unha substancia xelatinosa e transparente que enche o interior do ollo.
Retina: membrana interna do ollo onde se atopan os dous tipos de receptores visuais que temos; os conos, que perciben as cores e a visión diúrna, e os bastóns especializados na visión nocturna. Estes receptores comunícanse co nervio óptico que leva a información ao cerebro.
Iris: parte con cor do ollo.
Coroides: membrana que envolve á retina, ten moitos vasos sanguíneos e por diante forma o iris.
Esclerótica: membrana máis externa que envolve a todo o ollo, de cor branca e opaca que na parte externa é transparente na chamada córnea.
Para protexer ao ollo contamos con:
Pestanas e pálpebras: protexen ao ollo do po, aire e corpos extraños.
Cellas: evitan que a suor da fronte chegue a eles.
Lacrimais: son unhas glándulas que manteñen húmida a superficie do ollo.