O oído: recolle os estímulos sonoros.

Consta de tres partes:

   Oído externo: formado pola orella e o conduto auditivo externo, a súa forma permite dirixir o son ao seu interior.
   Oído medio: empeza no tímpano que é unha pequena membrana que recibe as ondas do son e as transmite a unha cadea de tres osiños chamados martelo, bigornia e estribo. O estribo transmite o son recibido a ventá oval que separa o oído medio do interno.
   Oído interno: está formado por un conduto en espiral chamado caracol. Ao vibrar a ventá oval fai moverse ao líquido que o caracol ten no seu interior movendo así aos receptores auditivos que tamén ten o caracol no seu interior. Estes receptores, por medio do nervio auditivo, envían a información do son ao cerebro. Nesta parte do oído atópase outro sentido, o do equilibrio, que nos informa da posición e movementos do noso corpo.

A

L

C