Aos estímulos o noso sistema nervioso crea unha resposta que executan uns determinados órganos chamados órganos efectores. Estas respostas poden ser: As glándulas salivares poden producir entre un e dous litros de saliva ao día. ➀Movementos, neste caso son os músculos e ósos do aparello locomotor os encargados de executalo. Retirar a man cando sentimos unha queimadura, mover as pernas para dar unha patada a un balón...
➁A produción de distintas substancias por determinadas glándulas do noso corpo. Ao ver ou ulir un alimento que consideramos apetitoso na nosa boca empeza a aumentar a saliva que segregan unhas glándulas chamadas salivares, se sentimos calor a nosa pel empeza a ter suor que sae por uns poros da nosa pel debaixo dos cales están outra glándulas chamadas sudoríparas.