2.- A función de relación:


Os xogadores ao escoitar o silbato da árbitra (estímulo externo) deteñen o xogo.
Esta función permítenos percibir todo o que nos rodea así como producir unha resposta no noso corpo ante distintos estímulos.


Para percibir o que nos rodea e captar distintos estímulos (sensación de frío ou calor, un determinado olor ou sabor...) temos os sentidos que dan a información recibida ao sistema nervioso quen elabora respostas que normalmente realizan o aparello locomotor e glándulas que temos no noso corpo. Por exemplo, se percibimos un determinado son, soemos xirar a cabeza para o lugar do que cremos que provén.

Os estímulos que recibe o noso corpo poden ser moitos e variados pero podemos agrupalos en dous tipos:

Estímulos externos: prodúcense fóra do noso corpo, ruídos, cambio de temperatura, etc e son recollidos polos sentidos.

Estímulos internos: prodúcense no interior do noso corpo, por exemplo, a falta de auga ou comida que fan que busquemos auga e alimentos.

A

L

C