6.- Coidados do aparello locomotor: Evita estar moito tempo na mesma postura, séntate mantendo a columna recta, fai exercicio físico moderado e acorde a túa idade, da repouso aos teus músculos despois dun esforzo e coida a túa alimentación. A artroscopia é a exploración médica dunha articulación. Os ósos, articulacións e músculos poden sufrir moitas doenzas, por exemplo: Artrose: é unha enfermidade que afecta ás articulacións, provoca dor e inflamación impedindo o movemento correcto da articulación. Escordadura: aparece cando se forza violentamente unha articulación, ás veces pode chegar a producirse a rotura dos ligamentos. Dislocación: un óso sae do seu sitio nunha articulación. Cabaleiro: é unha contracción muscular prolongada no pescozo que orixina dor e incapacidade para realizar algúns movementos. Lumbalxia ou lumbago: dor localizada na parte inferior das costas, na zona dos riles. Fracturas: é a rotura dos ósos.
O médico especialista no aparello locomotor é o reumatólogo ou reumatóloga, cando precisamos dunha intervención cirúrxica (un óso roto, colocación de próteses...) neste aparello entón é a traumatóloga ou traumatólogo quen nos atende.