➃Vista: le sempre en sitios ben iluminados, evita a exposición dos ollos a luces moi intensas, non mires directamente ao sol e non permanezas demasiadas horas seguidas fronte a pantallas. O optometría é a graduación ou medición do índice de percepción visual e dos defectos da vista así como o cálculo das lentes para corexir eses defectos. Entre os defectos da visión máis comúns están: Miopía: as persoas miopes teñen dificultade para ver os obxectos de lonxe. Hipermetropía: permite ver perfectamente os obxectos de lonxe pero borrosos os que están preto. Astigmatismo: perciben as imaxes alongadas. Presbicia: é un proceso natural que aparece sobre os 45 anos no que as persoas teñen problemas para enfocar con nitidez obxectos que están preto.
Cando temos problemas na vista debemos de acudir á oftalmóloga ou oftalmólogo, tamén coñecidos co nome de oculistas.
➃Tacto: debes de manter a túa pel limpa, lavar as mans con auga e xabón frecuentemente e tomar o sol con precaución.
Os problemas con este sentido soen ser tratados por dermatólogos ou dermatólogas como especialistas na pel e por neurólogas ou neurólogos como especialistas do sistema nervioso.