4.- Coidados dos órganos dos sentidos:


Gusto: mantén unha hixiene bucal axeitada, dentes, enxivas e lingua deben de estar limpos. Evita o exceso de alimentos moi picantes ou salgados, podería producirse unha variación importante no tamaño das papilas. O fume do tabaco provoca a irritación da mucosa lingual diminuíndo así a percepción dos sabores.
O nivel de ruído mídese en decibelios (dB). Un tren produce uns 80 db, un avión no despegue chega aos 130 dB e o umbral da dor está entorno a os 140 dB.


Olfacto: Non introduzas obxectos polo nariz, manteno limpo e asóate suavemente cun pano limpo. Os olores fortes, como o do amoníaco, poden chegar a insensibilizar os receptores olfactivos. O arrefriado é a enfermidade producida por un virus que afecta a este sentido.

Oído: evita a exposición prolongada a ruídos intensos, se tes que pasar tempo nalgún lugar moi ruidoso emprega protectores. Non introduzas obxectos nos oídos, poderías crear un tampón de cera ou danar o tímpano. Secaos ben despois de ducharte. Cando existe unha diferenza de presión entre o interior dos nosos oídos e o exterior, por exemplo cando vamos en avión, dentro dun túnel... temos a sensación de que os oídos se taponan, un truco moi sinxelo para evitar isto é abrir a boca, como oído e a garganta están unidos por un tubo coñecido co nome de trompa de Eustaquio ou trompa auditiva, ao abrir a boca a presión no interior do oído tende a igualarse coa do exterior.

Cando temos algún trastorno do gusto, olfacto ou oído acudimos ao otorrinolaringólogo.

A

L

C