5.- A orixe da Unión Europea:


Despois da Segunda Guerra Mundial (1939-1945) Europa quedou arrasada; cidades destruídas e millóns de persoas mortas. Para evitar outra catástrofe deste tipo varios gobernantes de estados democráticos impulsaron os primeiros tratados. En 1975, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos firmaron
O 12 de xuño de 1985 o presidente de España, Felipe González, firma o tratado de adhesión.
o
Tratado de Roma no que se creaba a Comunidade Económica Europea (CEE) establecendo un mercado común onde as mercancías podían circular libremente sen pagar impostos nas aduanas.

Co paso do tempo fóronse incorporando novos países ao mesmo tempo que se cambiaba o nome e se firmaban novos tratados, así no 1986 incorpóranse Portugal e España, en 1987 pasa a chamarse Comunidade Europea e en 1992 os, naquel tempo, 12 membros decidiron que a unión económica fose tamén política no Tratado de Maastricht, a partir do cal pasou a chamarse Unión Europea (UE).

En 2002 a maioría dos países deixaron as súas moedas, a peseta no caso de España, e empezaron a usar unha moeda común, o euro.

Ao longo destes anos novos países foron solicitando a súa incorporación ata os 28 países que a forman na actualidade. En 2013 incorporouse Croacia e asinouse tamén a Constitución Europea. Existen outros países como Turquía ou Islandia que solicitaron a súa adhesión e que para facelo deberán de adoptar as leis que marca a UE.

A

L

C