Bandeira española
España: a bandeira está formada por tres franxas horizontais de cores vermella, amarela e vermella tendo a amarela o dobre de alto que as outras. A súa orixe xurde dun problema naval, cando accede ao trono Filipe V da dinastía dos Borbóns instaurou a súa bandeira que tiña, como no seu escudo de armas, un fondo branco; por aquel entón gobernaban en Europa máis membros da dinastía dos Borbóns (Francia, Sicilia, Nápoles, Toscana ou Sicilia) isto fixo que houbese moitos problemas á hora coñecer a orixe ou procedencia dos barcos, sobre todo nas batallas. Isto fixo que Carlos III encargara a creación dunha bandeira nova. Carlos III escolleu a de cores vermella e amarela por ser fácil de ver no mar. Esta bandeira implantouse tamén no Exercito de Terra e fíxose popular entre a poboación na Guerra da Independencia Española (1808-1814) contra os franceses, tal foi a súa popularidade que Isabel II declarouna bandeira nacional.

O escudo representa aos reinos da idade media que unidos formaron España, no seu centro ten tres flores de lis símbolo da familia Borbón e na cima unha coroa real.

O himno é unha Marcha Real ou Marcha de Granadeiros que nun principio era interpretada nos actos públicos aos que asistían o Rei ou a Raiña. En 1770 Carlos III declarouna como Marcha de Honor pero foi a costume popular a que a converteu en himno nacional. Non ten letra oficial (no mundo so outros catro países teñen himnos sen letra).

A

L

C