4.- Símbolos de comunidade e do Estado:


Cidades e comunidades autónomas así como o Estado teñen basicamente tres símbolos que os representas e distinguen: a bandeira, o escudo e o himno.
Bandeira e escudo de Galicia

Galicia: No noso caso a bandeira é un rectángulo branco e unha franxa azul celeste que a atravesa da esquina superior esquerda á esquina inferior dereita, a súa orixe é do século XIX e está inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña, primeiramente foi adoptada polos emigrantes, unha gran parte deste emigrantes partían para Ámerica dende o porto da Coruña, e logo polo resto de Galicia.

En canto ao escudo, o primeiro escudo de armas do Reino de Galicia ven do século XV onde simplemente aparecía un símbolo eucarístico cun copón que no XVI convértese nun cáliz cunha hostia enriba. Logo rodeouse, primeiramente de seis cruces, e logo de sete cruces para identificar as sete cidades do antigo reino.

Sobre o himno xa sabes que é o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

A

L

O

C