Congreso dos Deputados en Madrid. Según a Constitución debe de estar formado por un mínimo de 300 e un máximo de 400 deputadas e deputados.➁O poder executivo: é o goberno. Dirixe a política interior e exterior do país, elabora os presupostos do Estado e propón novas leis ao Parlamento. Está formado polo presidente ou presidenta, que é elixido polo Congreso dos Deputados e nomeado polo rei, e as ministras e ministros que dirixen distintas áreas como educación, infraestruturas... Presidente e ministros reúnense semanalmente no Consello de Ministros.
➂O poder lexislativo: está representado polo Parlamento, e é o encargado de elaborar leis e controlar ao Goberno. Este Parlamento, que recibe o nome de Cortes Xerais, divídese en dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado. No Congreso vótanse as leis propostas polo Goberno mentres que o Senado propón cambios ou emendas ás leis. Os membros do Congreso e do Senado son elixidos polos cidadáns nas eleccións xerais.
➃O poder xudicial: os xuíces e os tribunais son os encargados de administrar xustiza. Os principais tribunais de xustiza son o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional.