3.- A organización política de España:


Felipe VI foi coroado Rei de España despois da abdicación do seu pai, o rei Xoan Carlos I de España.
España é un estado
democrático e social que defende os valores de:
   Iguais dereitos e deberes para cada persoa, por exemplo, todos temos o dereito a desprazarnos polo seu territorio e temos o deber de cumprir as leis.
   Democracia: son os cidadáns os que elixen aos seus representantes por sufraxio universal, é dicir toda persoa maior de 18 anos ten o dereito de votar.
   Igualdade ante a lei: sen distinción de ningún tipo, raza, sexo ou relixión.

Estes valores foron aprobados no referendo do 6 de decembro de 1978 polo que foi aprobada a Constitución Española. A Constitución é a lei xeral na que se recollen todos os dereitos e deberes dos españois na que se establece que España é unha monarquía parlamentaria e cales son as institucións do Estado: o xefe do Estado, o poder executivo, o poder lexislativo e o poder xudicial.

O xefe do Estado: como España é unha monarquía, o seu xefe é o rei, quen representa ao país e exerce o mando supremo das Forzas Armadas.

A

L

C