2.- A organización política de municipios e comunidades:


Do concello: está formado polo alcalde ou alcaldesa e os concelleiros e concelleiras, estes son elixidos polos veciños nas eleccións municipais que se celebran cada catro anos. A súa vez os concelleiros e concelleiras elixen ao alcalde ou alcaldesa.
Parlamento Galego en Santiago de Compostela Está composto por 75 diputadas e diputados.

Do goberno autonómico: as autonomías están rexidas por unha lei principal, o estatuto de autonomía no que se recollen as leis propias. No estatuto recóllense aspectos como o nome da comunidade, territorio, capital, símbolos (bandeira, himno...) ou a organización das institucións que a forma.

O Parlamento autonómico: representa a toda a poboación dunha comunidade, esta formado por deputados e deputadas elixidos en eleccións autonómicas cada catro anos quen a súa vez elixen ao presidente ou presidenta. A súa función é, entre outras, a de elaborar as leis autonómicas ou aprobar os presupostos.

O Goberno autonómico: está formado pola presidenta ou presidente da comunidade e os conselleiros e conselleiras nomeadas polo presidente ou presidenta. Os conselleiros e conselleiras administran aspectos como a educación ou a sanidade dende as Consellerías.

O Tribunal Superior de Xustiza: é a máxima representación do poder xudicial en cada comunidade.

A

L

C