1.- A organización territorial de España:
España atópase no suroeste de Europa e ocupa case que 506 000 km2, a maior parte na península ibérica, xunto coas Illas Canarias, as Illas Baleares e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla situadas no norte de África. O territorio está organizado en tres grandes niveis: municipios, provincias e comunidades autónomas.
➀ Municipios: son as unidades administrativas máis pequenas. Están formadas por localidades e o seu territorio ao que se chama termo municipal. Ocúpanse dos servizos básicos como a auga ou a recollida de lixo. Están gobernados por un concello formado por un alcalde ou alcaldesa e os concelleiros e concelleiras. En España hai máis de 8 000 municipios.
➁ Provincias: é o conxunto formado por municipios relacionados entre si por razóns históricas, xeográficas e culturais. O seu órgano de goberno son as deputacións provinciais agás naquelas comunidades que so teñen unha soa provincia como Asturias. Nas Illas Baleares hai un consello en cada illa que nas Canarias recibe o nome de cabido. España ten 50 provincias, 47 peninsulares e 3 insulares.