O tempo: especifica cando ocorren os feitos contados. Os verbos empregados sinalan ese tempo: pasado, presente ou futuro. Pode ter unha duración mínima, por exemplo, un día ata toda unha vida ou época. É o autor ou autora quen escolle aqueles momentos que quere contar omitindo outros mediante saltos temporais, por exemplo, seis anos despois....

Os personaxes: interveñen na narración e levan a cabo as accións contadas polo narrador. Podemos clasificalos en tres tipos:

   Principais: os protagonistas da historia, destacan sobre o resto dos personaxes, pode ser un único personaxe ou un grupo deles. Ás veces pode aparecer un antagonista, que ten un papel importante na historia e que se opón ao protagonista entrando en conflito con el ou ela.

   Secundarios: a súa importancia é menor, aínda que podan ter unha relativa importancia nalgún fragmento da obra.

   Fugaces: teñen unha función pouco importante, a súa participación é mínima.

A