Narrador, tempo e personaxes:
En todo relato ou narración cóntanse feitos que acontecen nun lugar e tempo concreto. Lugar, feitos e tempo poden ser reais ou ficticios. Todo este tipo de escritos teñen tres elementos: narrador, tempo e personaxes.
➀ O narrador: ten a misión de contar a historia relata o que vai acontecendo ao longo da narración, os tipos de narradores máis usuais son:
Interno ou dende a 1ª persoa: quen relata é un dos personaxes. Ás veces é o protagonista
A última das ondas case me mata, pois o mar arrastroume, como as outras veces, e levoume, máis ben, estreloume, contra unha pedra, con tanta forza que me deixou sen sentido e indefenso.
(As aventuras de Robinson Crusoe de Daniel Defoe)
e outras veces é outro personaxe
A Sherlock Holmes pareceu seducirlle o proxecto de dividir a súa vivenda comigo.
(Mr. Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle)
Externo ou dende a 3ª persoa: neste caso o narrador non forma parte da historia, pero conta o que pasou.
Cheo de pánico cousa moi natural naquelas circunstancias, precipitouse cara á escaleira, pero entón atopouse fronte a Washington Otis, que o esperaba armado coa regadeira do xardín...
(O fantasma de Canterville Oscar Wilde)