2.- A procura:
Poderás empregar internet, libros de consulta, enciclopedias ou calquera recurso do que poidas extraer a información, esa información debe de ser breve, concisa e moi clara xa que serás ti o que lle explique ó resto da clase o dato ou datos aportados. Se podes, contrasta que noutros lugares, outras páxinas de internet, unha enciclopedia, etc aparece a mesma información.
Neste caso os datos a buscar poden ser variados, incorporacións de novos membros, decisións tomadas conxuntamente polos países membros, tratados, cumios, eleccións, presidentes, solicitudes de novos países...