1.- Introdución:
Coa fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 e tras a situación na que quedaron moitas cidades europeas completamente destruídas varios países democráticos decidiron xuntarse para establecer un mercado común no que as mercancías puidesen circular libremente sen pagar impostos nas aduanas. Foi o inicio do que hoxe coñecemos como Unión Europea.
Para chegar a situación actual houbo distintos acontecementos que foron facilitando a incorporación de novos países así como tratados que permitiron entre outro logros, por exemplo, o empregar unha única moeda en case que todos os países integrantes. Nesta liña de tempo ides a indagar en Internet sobre todos os acontecementos relacionados coa Unión Europea que ocorreron dende o final da Segunda Guerra Mundial ata os nosos días.