3.- Traballo final:
O teu traballo será facer, como mínimo, unha entrada na liña de tempo indicando o momento en que se produciu, unha pequena frase que resuma o evento que vas a engadir, unha imaxe alusiva ao acontecemento e unha breve exposición do que aconteceu así como algún dato relacionado. Lembra, se o tema xa foi aportado por outro compañeiro ou compañeira deberás de buscar outro distinto.

Non esquezas indicar as direccións de onde recolliches a información ou outros lugares de internet onde podamos ter máis datos sobre o evento que introduciches.