Sinala as formas verbais que hai no texto.
Ao día seguinte o fantasma sentiuse moi débil e canso. As terribles emocións das catro últimas semanas empezaban a producir o seu efecto. Tiña o sistema nervioso completamente alterado, e tremía ao máis lixeiro ruído. Non saíu do seu cuarto en cinco días, e concluíu por facer unha concesión no relativo á mancha de sangue do parqué da biblioteca.

Verbos