Rosalía de Castro:


Naceu en Santiago de Compostela en 1837. Nos seus primeiros anos foi coidada polas súas tías paternas e posteriormente trasládase a Padrón para vivir coa súa nai. A súa ama de cría ensínalle o galego e a poesía popular en galego.

Aos doce anos compón os seus primeiros versos.

Con 19 anos viaxa a Madrid onde coñecerá a Manuel Murguía, co que se casará dous anos máis tarde. Murguía pona en contacto con Gustavo Adolfo Bécquer e o seu círculo.

Nas letras galegas, xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez, foi unha figura clave no Rexurdimento galego. En castelán foi considerada, xunto a Bécquer, representante do romanticismo tardío.

A inestabilidade laboral do seu marido xunto coa súa feble saúde marcaron a súa vida ata a súa morte por cancro en Padrón no 1885.

As tres obras principais son: Cantares gallegos publicada o 17 de maio de 1863 (data que foi escollida para a celebración posterior do día das letras galegas) e Follas Novas. En castelán destaca En las orillas del Sar.

A