Os pronomes persoais:
Os pronomes persoais son as palabras que empregamos para referirnos aos substantivos sen utilizalos. Por exemplo, na frase, "El é da clase de quinto", a palabra "el" substitúe ao nome dun determinado neno.
Segundo a persoa que nomean os pronomes persoais poden ser:
➀ De primeira persoa: substitúen á persoa que fala, eu, me, nós...
➁ De segunda persoa: nomean á persoa que escoita, ti, vostede, vós...
➂ De terceira persoa: refírense á persoa ou obxecto do que se fala, eles, ela...
Podemos clasificalos en:
➀ Tónicos: escríbense sempre separados do verbo. Os de terceira persoa como el e ela e os seus plurais poden presentar contraccións coas preposicións en e de. "Puxo nela a súa confianza". "Non quixo saber nada del".