6.- Os movementos migratorios en Galicia:
Debido as condicións de pobreza os galegos empezaron a buscar melloras na súa vida fóra da nosa terra, no século XVIII miles de galegos saían a traballar como xornaleiros a terras de Andalucía, Castela ou Portugal, logo, a partir do 1860, atraídos polas noticias de prosperidade dos países americanos, comenzou un fluxo de poboación cara Cuba, Arxentina e Brasil.
Nun principio emigraron a América os homes deixando aquí mulleres e fillos, calcúlase que entre o 1860 e o inicio da guerra civil española, no 1936, abandonaron Galicia medio millón de persoas. Coa guerra civil e os primeiros anos do franquismo péchanse as fronteiras e so os exiliados políticos saían clandestinamente para terras americanas.
Estes exiliados políticos terían moito que ver no aumento da actividade cultural e política neses países sobre Galicia, empézanse a crear institucións como o Padroado da Cultura Galega (México), o Instituto Arxentino da Cultura Galega ou o Consello de Galiza (Arxentina) que crean programas de radio en galego, publican libros e revistas como Galeuzka (1954, Bos Aires), Vieiros (1959, México) e Galiza emigrante.
Neste tempo desenvolvían a súa actividade en Arxentina personaxes como Castelao, Blanco Amor, Luís Seoane ou Rafael Dieste e séguese mantendo a revista Nós e A Nosa Terra creadas antes do franquismo.