4.- Crecemento natural e real:
O número de persoas que nacen nun lugar, ou natalidade, e o número de persoas que falecen, ou mortalidade inflúen directamente producindo cambios na poboación.
Á diferencia entre a natalidade e a mortalidade permítenos calcular o crecemento natural dunha poboación, cando hai máis nacementos que mortes (natalidade > mortalidade) temos un crecemento natural positivo, é dicir a poboación aumentará o seu número co paso do tempo. Pola contra, se a mortalidade é maior que a natalidade, o crecemento natural será negativo diminuíndo a poboación.
Normalmente a natalidade é menor en países desenvolvidos mentres que a mortalidade é maior nos países menos desenvolvidos ao ser máis precarios o seu sistema sanitario e a súa alimentación.
Pero non só a natalidade e a mortalidade determinan a evolución no número de habitantes dunha zona, a inmigración e a emigración tamén deben de ser tidas en conta. O crecemento real ten en conta estes datos e para calculalo debemos de sumar ao crecemento natural as inmigracións e restar as emigracións.