Co descubrimento dos restos do apóstolo Santiago sobre o 820 estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente para o coidado dos restos e logo fóronse asentando emigrantes procedentes das aldeas próximas.
Coas peregrinaxes foi collendo relevancia política (nela foron coroados reis do Reino de Galicia e do de León) ata que, no 997, Almanzor a destrúe respectando o sepulcro do apóstolo. Coa volta dos habitantes empezou a súa reconstrución e, no 1075, empezou a construción da actual catedral, arredor da cal formaríase a cidade tal e como hoxe a coñecemos.
2.- Factores que inflúen na poboación:



O número de habitantes dun determinado lugar está determinado por varios factores que podemos agrupar en físicos e humanos.

Físicos: son aspectos como o clima ou o relevo, nas zonas con climas extremos a poboación é moi escasa mentres que nos lugares con climas máis suaves a poboación é maior. A presenza de auga abundante, chans fértiles e flora e fauna ricas...

Humanos: temos razóns históricas, por exemplo de asentamentos dos antigos imperios como na desembocadura do Nilo ou lugares como Alejandría a cuxa universidade dirixíronse grandes científicos e científicas; razóns políticas como a creación de novos estados, cambios de fronteiras, conflitos bélicos...; razóns económicas, as poboacións tenden concentrarse alí onde a actividade económica é máis intensa e con máis e mellores postos de traballo.

A

L

C