Ata principios do século XX (uns 20 millons de habitantes) a natalidade era elevada pero o crecemento natural era baixo debido a que a mortalidade era tamén moi elevada debido a epidemias, guerras e a elevada mortalidade infantil xerada pola mala nutrición e o gran número de infeccións que tiñan os bebés nos primeiros momentos da súa vida.

Coa prosperidade económica das tres primeiras décadas do século XX houbo un aumento da natalidade e descenso da mortalidade pero a emigración primeiramente,e a guerra civil e a posguerra despois, trouxeron un novo descenso ata o ano 1956 onde hai unha recuperación importante da natalidade e culminan as emigracións do campo á cidade.

A partir do 1995 España convértese nun país inmigratorio recibindo inmigrantes de América Latina, África e Asia.

Nestes últimos anos detectouse unha pequena redución no crecemento ao aumentar o número de emigrantes e descender o de inmigrantes pola crise económica.

Dentro da poboación activa unha de cada vinte persoas traballa no sector primario, sendo a agricultura, a silvicultura e a pesca (España conta cunha das flotas pesqueiras máis grandes do mundo) as principais actividades. As industrias españolas máis importantes son a química, a téxtil, a alimentaria, a relacionada co automóbil e a construción, aínda que esta última decaeu moito nos últimos anos coa crise económica. No sector dos servizos traballan dous de cada tres persoas, o turismo, a sanidade e a educación son os máis destacables.

A

L