7.- O equilibrio nos ecosistemas. Nas redes alimentarias non falta nin sobra ningún ser vivo. Por exemplo, o número de produtores sempre debe de ser máis grande que o de consumidores e, estes, deben estar nunha maior cantidade que os depredadores. Calquera alteración pode chegar a producir a extinción dunha ou varias especies. O emprego de pesticidas é unha das principais causas de contaminación da auga e en gran medida da contaminación. atmosférica. O ser humano leva alterando estes ecosistemas dende fai miles de anos, para protexerse foi eliminando de diversas zonas a depredadores, converteu bosques en campos de cultivo, introduciu especies en ecosistemas que non eran a súa contorna natural...
Por outra banda a actividade humana trouxo o emprego de substancias contaminantes como o fume dos motores dos coches, deterxentes e outro vertidos químicos en lagoas e ríos, fertilizantes e pesticidas no campo...