Entre individuos da mesma especie:
➀ Familiares: son individuos emparentados que teñen como obxectivo a reprodución e o coidado das crías.
➁ Gregarias: os individuos non teñen, necesariamente, relacións de parentesco, conviven para alimentarse, protexerse ou desprazarse, as bandadas de aves ou os bancos de peixes son exemplos.
➂ Estatais ou sociais: a división do traballo entre os individuos crea unha relación de dependencia tan estreita que ningún individuo pode sobrevivir illado. É o caso de formigas, abellas...
➃ Coloniais: son individuos unidos fisicamente entre si chegando a formar un organismo común como os corais.