5.- As relacións entre os seres vivos dun ecosistema.
Entre individuos de distintas especies temos:
➀ Parasitismo: establécese entre dous individuos de distintas especies. Unha das especies, a chamada parasita, sempre causa dano a outra especie, a hóspede, por exemplo os piollos, carrapatos, a tenia ou as samesugas.
➁ Comensalismo e inquilinismo: Un dos individuos soe saír beneficiado sen danar ao outro, é o caso do peixe rémora que se alimenta (comensal) dos restos que lle sobran ao tiburón ou o merlo (inquilino) que fai o seu niño nas árbores.
➂ Depredación: unha especie, a depredadora, aliméntase doutra especie, a presa. Por exemplo o charrán e o peixe.
➃ Mutualismo: as dúas especies benefícianse. Existen aves, como a garza mediana, que se alimentan dos parasitos dos búfalos, a garza obtén alimento e o búfalo líbrase do parasito.