4.- Os seres vivos dun ecosistema. A biocenose.


O conxunto dos seres vivos que conviven dentro dun determinado biótopo reciben o nome de biocenose. Estes seres, para o seu estudo, agrúpanse en:

Especie: como xa sabes, é o conxunto de organismos con iguais características e que poden reproducirse entre eles. O can, o carballo ou o raposo constitúen distintas especies.

Poboación: é o conxunto de seres vivos da mesma especie presentes nun ecosistema. Por exemplo as ras que viven nunha determinada charca.

Comunidade: é o conxunto das distintas poboacións de distintas especies, por exemplo os coellos, carballos, raposos... que habitan nun determinado bosque forman unha comunidade.

A

L

C