2.- O medio físico. O biótopo: Todos os seres vivos desenvolven a súa actividade nun determinado medio natural ou contorna, ese medio inflúe na súa propia vida e está formado por seres inertes como a auga, o aire ou o chan. A auga é necesaria para calquera ser vivo; o aire conten o osíxeno As aves rapaces nocturnas adaptan a súa visión á falta de luz e o seu oído ao silencio da noite.necesario para a respiración; no chan as plantas atopan os compoñentes necesarios para o seu alimento así como algúns animais fan del a súa casa.
Existen factores do medio físico que teñen repercusión nos seres vivos: ➀ A luz: como xa sabes, importante para as plantas, e que condiciona a vida doutros seres. ➁ A temperatura: os lugares con condicións extremas de calor ou frío fan que so uns determinados seres vivos podan habitar eses lugares. ➂ A salinidade: é cantidade de sales disolvidas na auga (doce, salgada, salobre). ➃ O pH: determina o grado de acidez do medio, isto ten relación, por exemplo, coa fertilidade do chan. ➄ Existen ademais outros factores como a humidade ou a altitude. O medio físico e estes factores determinarán os seres vivos que o habitarán, non haberá nunca unha árbore no fondo do mar ou un gorrión nos polos. Ao conxunto do medio físico, dos compoñentes non vivos e dos factores que inflúen nel chamámoslle biótopo.