A actividade humana altera e contamina o biótopo. A contaminación pode chegar ao envelenamento das augas subterráneas das que se alimentan as plantas do lugar. Illas Cíes no Parque Natural das Illas Atlánticas. É importante que todas as persoas sexamos conscientes disto e procuremos un desenvolvemento sostible, isto é o explotar os recursos naturais de xeito racional e con respecto á natureza de forma que se garanta a supervivencia das actuais xeracións e das futuras.
Para lograr este desenvolvemento sostible debemos de non esgotar os recursos, reducindo a súa extracción, reutilizando e reciclando.
Aqueles ecosistemas ou lugares que teñan unha importancia relevantes deben de ser convertidos en espazos naturais protexidos (Parque Natural das Illas Atlánticas, Parque natural das dunas de Corrubedo, Fragas do Eume...)
Así mesmo debemos de reducir o máximo posible a contaminación; empregando os puntos de recollida, colaborando en campañas de limpeza, etc