8.- Os recursos naturais e o seu emprego para un desenvolvemento sostible. Un recurso natural e todo aquelo que obtemos da natureza para as diversas actividades humanas, árbores para a obtención de madeira, auga para a nosa hixiene, peixe para a alimentación... En moitos montes estanse talando máis árbores que os que se plantan, producindo así a deforestación dos bosques. Na actualidade moitos de estes recursos estanse sobreexplotando, isto é consumimos tanto e tan rápido que non hai tempo a que se rexeneren. Está ocorrendo coa tala de árbores en moitos lugares da Terra xa que se cortan máis árbores das que se plantan (reforestación). As cantidades de peixe capturado son tan grandes que hai especies que se esgotan chegando incluso a desaparecer.
Os recursos están mal repartidos, nas sociedades ricas consúmense e desperdícianse en exceso mentres que noutros lugares do mundo son un ben moi escaso; por exemplo a auga, existen poboacións en África que, para obter auga potable, deben de camiñar distancias moi longas.