Crear gráficos estatísticos.


Os gráficos estatísticos son unha forma de representar graficamente uns datos. Os máis coñecidos son os de barra e os circulares ou "de torta"; para crealos empregamos as "follas de cálculo". Estes programas, como o seu nome indica, están pensados para realizar cálculos máis ou menos complexos dun xeito moi doado pero tamén son moi útiles á hora de crear este tipo de gráficos.

Para crear un gráfico estatístico tan só deberemos de crear unha táboa onde se indiquen os distintos parámetros e os valores de cada parámetro. No vídeo créase un gráfico de torta a partir dos datos recollidos nunha clase de quinto sobre a cor do ollos de cada nena e neno. Para elo escribiremos nunha columna as distintas cores dos ollos das persoas da clase e, na columna contigua, o número de nenos e nenas cuxos ollos son desa cor. Fíxate que, unha vez feita a táboa, tan so hai que seleccionala e inserir un diagrama (é como lle chama libreOffice Calc, o programa que empregamos, aos gráficos estatísticos).

As posibilidades que hai de personalizar o gráfico son moitas, fai probas ata obter o que máis che guste.